viernes, 22 de noviembre de 2013

As pantasmas de 5 anos

Os nenos de Educación Infantil de 5 anos estiveron experimentando con pinturas de cores e fixeron estas bonitas pantasmas.



jueves, 21 de noviembre de 2013

CANTIGA

Esta das cores tamén é moi fermosa, ¿animádesvos?

PARA CANTAR CANDO CHOVE

Este trimestre no cole estamos aprendendo unha nova cantiga para os días de choiva, e para os que non chove tamén, porque nos gusta moito e divertímonos cantando e bailando. Aquí vola deixo para que tamén practiquedes na casa.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Festa do Outono

Xa chegou o outono,é tempo de soborear os froito típicos desta época ,como son as castañas,uvas pasas,noces ... Dende Infantil queremos agradecer a colaboración das familias de nenos de catro anos por aportar os deliciosos postres que degustamos na festa do outono.Aqui podedes apreciar nesta montaxe o esforzo e a dedicaión das familias para facer posible este evento.

Visita a Balaidos

Os nenos de Educación Infantil estivemos de visita no campo de fútbol de Balaidos apoiando ó noso equipo favorito e dándolle ánimos para que seguiran en primeira división .Deixamos a nosa sorte no campo. FORZA CELTA

martes, 25 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO: "OS OFICIOS" na aula de 5 anos B

NO PROXECTO DOS OFICIOS COLABORARON AS FAMILIAS NA ELABORACIÓN DUN LIBRO VIAXEIRO QUE TROUXO MOITAS NOVAS A NOSA AULA E MOITAS ACTIVIDADES INTERESANTES. GRACIAS.

martes, 11 de junio de 2013

EXPERIENCIA T.I.C. 5 ANOS-5º E. P.

OS ALUMNOS DE 5 ANOS COMPARTIRON UNHA SESIÓN COS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA, EXPERIMENTANDO COS ORDENADORES ABALAR. FOI MOI ENRIQUECEDOR PARA OS DOUS NIVEIS.

lunes, 22 de abril de 2013

CANCION DÍA DO LIBRO

Para festexar o día do libro, os nenos do cole recordamos e cantamos esta canción de Migallas "O libro máxico" Espero que vos guste.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Somos cociñeiros


Un ano mais chega o Entriodo ó noso colexio que poidemos celebrar nas pistas do recinto ,  mentras a choiva fixo unha pequena tregua ,  e poidemos disfrutar dunha boa mañán .Este ano o adicamos ás profesións e podedes ver nos distintos bogues de cada ciclo como foi a súa atuación .Empezamos cos neno-as de Infantil que nesta ocasíon metéronse coas mans na masa na cociña e convertíronse en auténticos cociñeiros.





lunes, 28 de enero de 2013

A PAZ E A ARTE

Os alumnos/-as de 5 anos seguimos xogando ós oficios, desta volta somos pintores e traballamos ca obra: " El niño con la paloma" de Picasso; relacionada tamén co Día Paz. Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos. Esperamos que vos guste.

5 anos B - MERENDOLA DE NADAL

lunes, 21 de enero de 2013

CANCION PARA EL DIA DE LA PAZ

Esta semana en el cole estamos aprendiendo la canción de Jose Luis Perales: " Que canten los niños" para cantarla con todos los niños del cole el Día de la Paz. Os dejo un video para practicarla también en casa.

miércoles, 16 de enero de 2013

OS OFICIOS

Durante este segundo trimestre nas aulas de 5 anos ímonos divertir xogando e aprendendo os oficios. Aquí vos deixamos unha cantiga para bailar con Teresa Rabal relacionada co tema. Esperamos que vos guste.

domingo, 13 de enero de 2013