domingo, 23 de diciembre de 2012

Libro recomendado para os pais

                O equipo de Educación Infantil recomenda ás familias a lectura do libro      " EXIGENCIA Y TERNURA " , que fai unha continua comparación entre a educación de Pinocho e a educación dos nosos fillos .Pensamos que pode resultar interesante para reflexionar sobre a nosa influencia sobre eles ,e cara o desenvolvemento da responsabilidade dos nenos e outros factores . Encontraredes moitos enlaces en Internet sobre o libro ,ou ben podedes encontralo nas librerías . Esperamos que sexa do voso agrado.
 O título do libro é:
 "Exigencia y ternura" .José Ramón Urbieta .

sábado, 22 de diciembre de 2012

OS PAXES REAIS

O pasado mércores tivemos a grata visita da Tvg ó noso centro . Gravaron a recollida das cartas para os Reis Magos polos seus encargados OS PAXES REAIS .A emisión do programa será o próximo domingo 23 de Decembro ás 10:30 da noite na cadena VTELEVISIÓN .Para recordar ó paso dos reporteiros polo cole aqui vos deixamos un adelanto .
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design made with Smilebox

jueves, 20 de diciembre de 2012

sábado, 15 de diciembre de 2012

O NADAL


                       Nos bosques galegos do Caurel existía unha personaxe  moi querida polos nenos galegos  chamado O Apalpador .Este home que vivía so nas montañas ,  baixaba polo  Nadal ó pobo para deixarlles ós nenos  un pequeno agasallo  como o famoso  Papa Noel . Escoitade este fermoso conto gelego . 





E para animar este tempo de Nadal aqui vos deixamos unha panxoliña  moi coñecida para cantar cos vosos fillos .



viernes, 9 de noviembre de 2012

El árbol que no tenía hojas

OUTONO  
Para que os nen@s coñezan un conto moi interesante desta época de outono aqui vos propoñemos o seguinte video  .Que o disfrutedes .



FESTA DO OUTONO


Este ano o Ciclo de Educación Infantil  programou  unha Festa do Outono diferente ,  onde os nenos poideron degustar  os postres feitos con frutos típicos desta estación .
Agradecemos enormemente  a colaboración das familias dos alumn@s de catro anos que se implicaron moitísimo para que todos os nenos de Infantil  poideran disfrutar dos alimentos aportados .


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow by Smilebox

sábado, 27 de octubre de 2012

SAMAÍN



Co mes de Novembro, chega a celebración do Samaín, a celebración da "noite meiga" donde toca pasar medo con pantasmas, esqueletes, cabazas, vampiros......
Aquí tedes uns videos moi entretidos.






jueves, 11 de octubre de 2012

Estimulación da linguaxe oral


Se queredes algúns exercicios  para traballar cos vosos fillos e estimular a linguaxe oral favorecendo o movemento das mandíbulas e da lingua , aqui vos propoñemos os seguintes videos divertidos e moi interesantes.





 





martes, 9 de octubre de 2012

SONIDOS DE LA CASA Y LA CIUDAD



Nesta ocasión podedes traballar ca atención dos nen@s xogando con sons tan familiares como os que tendes na vosa casa .Que os disfrutedes .



SONIDOS DEL CUERPO


Para traballar a memoria e a atención d@s nen@s ó mesmo tempo que pasades un rato entretido vos propoñemos este video de sons do propio corpo.


martes, 2 de octubre de 2012

Empeza un novo curso

Unha vez rematado o período de ADPTACIÓN para os nenos de tres anos ,as profes de Infantil prepararon unha pequena merendola para celebrar a inauguración do novo curso escolar 2012-13 con tod@s @s alumno@s de Educación Infantil,sendo a primeira vez que comparten patio neste curso;é o momento de buscar algún coñecido ou facer novos amigos .Aquí deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron .
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación made with Smilebox

martes, 12 de junio de 2012

Premio de Lucía Besada

Tamén recibiu un premio da Biblioteca a nosa amiga Lucía Besada de 5 anos por participar no concurso acertar a todas as adiviñas.Gracias por colaborar co centro e que este sexa uns dos primeiros que recibas ó longo da túa vida .Noraboa e moitos bicos
Click to play this Smilebox tarjeta
Create your own tarjeta - Powered by Smilebox
This tarjeta personalized with Smilebox

domingo, 10 de junio de 2012

fotos Festival das Letras Galegas

Aqui podedes ver algunhas fotos dos nenos de Infantil feitas no Festival das Letras Galegas celebrado o pasado 16 de Maio adicado este ano como xa sabedes a valentín Paz Andrade.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox

PREMIOS DA BIBIOTECA

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox
O equipo da Biblioteca programou unhas actividades ó longo do primeiro trimeste consistentes en resolver adiviñas.Todos os alumnos participantes recibiron un diploma e os gañadores un premio.Aqui podedes ver algunhas fotos de Infantil.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

CARBALLO CON BOTAS

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create your own presentación

domingo, 3 de junio de 2012

Letras Galegas 2012. Infantil.

Co gallo do dia das Letras Galegas, os nenos de Educación Infantil participaron no festival adicado a Valentín Paz Andrade coas actuacións "Chimpín Express" e "Chucuchú".
Esperamos que vos guste.




lunes, 14 de mayo de 2012

VAN GOGH



A profe ROSA de 4 anos A presentoulles ós nenos un gran pintor chamado VAN GOGH .Aprenderon parte da súa historia, e coñeceron algúns dos seus cadros .Traballaron os cadros con diversas técnicas como pode ser as ceras blandas,ceras duras ,a témpera ;fixeron os seus autoretratos,a súa habitación ,como si foran o auténtico pintor.Aqui tendes unha mostra do seu traballo.

jueves, 3 de mayo de 2012

Nesta ocasión aproveitamos un material tan coñecido e familiar para todos  como son as teas de diversos tamaños e cores .Programamos unhas sesións moi entretidas,para axudar ós nenos a coñecer as posibilidades expresivas do seu corpo.



martes, 17 de abril de 2012

SOMOS ESCULTURAS( 5 ANOS B)



Coa maxia que caracteriza ós nenos de cinco anos , programamos unha viaxe virtual polo mundo enteiro e a través de distintas culturas buscamos  esculturas famosas para poder imitar cos seus corpos .Xogamos a escultores e esculturas .Aqui tendes unha proba das súas viaxes e o seu inxenio ....








sábado, 14 de abril de 2012

Mujer ante el sol

  1.   Os nenos de 5 anos estiveron traballando co cadro de Joan Miró titulado "A MULLER ANTE O SOL  ".Fixeron diversas actividades como completar a parte do cadro que faltaba ,traballaron o cadro con ceras ,con témperas ,con quebracabezas.Aquí podedes ver que ben lle quedou .








jueves, 5 de abril de 2012

Canción" cantaba la rana "


Tamén aprenderon a canción tradicional "cucú cantaba la rana ",por medio de pictogramas ,así de paso que cantaban tamén ían leendo !.Que ben o pasan !

Proyecto " Las Ranas "

Os nenos de catro anos estiveron traballando ó longo deste segundo trimestre cas ras.Fixeron un pequeno estudo sobre este animaliños.Aqui podedes ver un resumo das actividades levadas a cabo polos nenos ,donde se recolle fichas sobre alimentación das ras,a metamorfose pola que pasan ,tipos de ras....

martes, 28 de febrero de 2012

GNOMOS. ENTROIDO 2012

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!!!!!!!


Este ano o colexio Xosé Fernández López quere celebrar o Entroido coa seguinte temática :

O MUNDO DOS CONTOS!!!!!

Por isto tódolos disfraces que ides ver hoxe estarán relacionados con este tema.

Empezamos por Educación Infantil.

Dunha aldea especial chegan uns seres fantásticos a deleitarnos cos seus xogos e bailes, con todos vostedes…… A aldea dos gnomos !!!!!!!!!!!


ENTROIDO 2012. OS GNOMOS. VIDEO


miércoles, 8 de febrero de 2012

Videos dia da Paz

Aquí podedes ver como cantan os nenos de Primaria e Infantil a canción dos animais. Tamén xogan ó "Paniño" e os nenos de 4º xunto cos de 4 anos bailando o "Chuchuá".

lunes, 6 de febrero de 2012

Xogos pola PAZ

O pasado luns,30 de Xaneiro,celebramos o dia escolar pola PAZ.Para festexalo organizamos xogos e bailes ,mesturando nenos de distintas clases.Os nenos de Primaria fixeron un quebracabezas cun debuxo pintado por eles,de maneira que os autores quedaron cunha parte do debuxo e a outra a repartiu o titor da outra clase os seus nenos .Asi cada neno  ten que buscar a súa parella para despois xogar co neno que lle tocou.
Pasáronno moi ben,xa que os maiores recordaron o seu paso por cursos inferiores.Aqui podedes ver como resultou todo.
.
.

domingo, 5 de febrero de 2012

Escultura pola Paz

Despois de facer xogos cos nenos de Primaria e Infantil conxuntamente ,  saímos ó patio do colexio a realizar unha escultura con caixas decoradas con motivos alusivos á PAZ. A gran escultura realizárona un representante de cada aula que colocaron as caixas de forma arbitraria,mentres o resto dos alumnos e profes cantábamos a canción de " La Oreja de Van Gogh ", titulada " La luz que hay en ti ".
Aqui podedes ver que ven quedou ....

domingo, 1 de enero de 2012

O NADAL

Os nenos de Educación Infantil, fixeron unhas árbores de Nadal que adornamos coas bolas que levaron para casa e decoraron coas familias .Aqui podedes ver como nos quedaron .