martes, 28 de febrero de 2012

GNOMOS. ENTROIDO 2012

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!!!!!!!


Este ano o colexio Xosé Fernández López quere celebrar o Entroido coa seguinte temática :

O MUNDO DOS CONTOS!!!!!

Por isto tódolos disfraces que ides ver hoxe estarán relacionados con este tema.

Empezamos por Educación Infantil.

Dunha aldea especial chegan uns seres fantásticos a deleitarnos cos seus xogos e bailes, con todos vostedes…… A aldea dos gnomos !!!!!!!!!!!


ENTROIDO 2012. OS GNOMOS. VIDEO


miércoles, 8 de febrero de 2012

Videos dia da Paz

Aquí podedes ver como cantan os nenos de Primaria e Infantil a canción dos animais. Tamén xogan ó "Paniño" e os nenos de 4º xunto cos de 4 anos bailando o "Chuchuá".

lunes, 6 de febrero de 2012

Xogos pola PAZ

O pasado luns,30 de Xaneiro,celebramos o dia escolar pola PAZ.Para festexalo organizamos xogos e bailes ,mesturando nenos de distintas clases.Os nenos de Primaria fixeron un quebracabezas cun debuxo pintado por eles,de maneira que os autores quedaron cunha parte do debuxo e a outra a repartiu o titor da outra clase os seus nenos .Asi cada neno  ten que buscar a súa parella para despois xogar co neno que lle tocou.
Pasáronno moi ben,xa que os maiores recordaron o seu paso por cursos inferiores.Aqui podedes ver como resultou todo.
.
.

domingo, 5 de febrero de 2012

Escultura pola Paz

Despois de facer xogos cos nenos de Primaria e Infantil conxuntamente ,  saímos ó patio do colexio a realizar unha escultura con caixas decoradas con motivos alusivos á PAZ. A gran escultura realizárona un representante de cada aula que colocaron as caixas de forma arbitraria,mentres o resto dos alumnos e profes cantábamos a canción de " La Oreja de Van Gogh ", titulada " La luz que hay en ti ".
Aqui podedes ver que ven quedou ....