domingo, 23 de diciembre de 2012

Libro recomendado para os pais

                O equipo de Educación Infantil recomenda ás familias a lectura do libro      " EXIGENCIA Y TERNURA " , que fai unha continua comparación entre a educación de Pinocho e a educación dos nosos fillos .Pensamos que pode resultar interesante para reflexionar sobre a nosa influencia sobre eles ,e cara o desenvolvemento da responsabilidade dos nenos e outros factores . Encontraredes moitos enlaces en Internet sobre o libro ,ou ben podedes encontralo nas librerías . Esperamos que sexa do voso agrado.
 O título do libro é:
 "Exigencia y ternura" .José Ramón Urbieta .

sábado, 22 de diciembre de 2012

OS PAXES REAIS

O pasado mércores tivemos a grata visita da Tvg ó noso centro . Gravaron a recollida das cartas para os Reis Magos polos seus encargados OS PAXES REAIS .A emisión do programa será o próximo domingo 23 de Decembro ás 10:30 da noite na cadena VTELEVISIÓN .Para recordar ó paso dos reporteiros polo cole aqui vos deixamos un adelanto .
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design made with Smilebox

jueves, 20 de diciembre de 2012

sábado, 15 de diciembre de 2012

O NADAL


                       Nos bosques galegos do Caurel existía unha personaxe  moi querida polos nenos galegos  chamado O Apalpador .Este home que vivía so nas montañas ,  baixaba polo  Nadal ó pobo para deixarlles ós nenos  un pequeno agasallo  como o famoso  Papa Noel . Escoitade este fermoso conto gelego . 





E para animar este tempo de Nadal aqui vos deixamos unha panxoliña  moi coñecida para cantar cos vosos fillos .